ACTIVIDADE 16: Wegener.

1. Que descubriu Wegener?

 Esta teoría, di ca Terra estaba dividida en continentes, extensións de litosfera que estaba por encima da auga e grazas a ista coseguianse moverse  moi lentamente formando así novos mares. Di que ao principio todo era un so supercontinente chamado Pangea que despois separouse e formou o que é agora.

Uns anos despois da morte de Wegener saiu a teoría da tectonica de placas que explica como os continentes están por debaixo do mar e este non intefiere no seu movemento se non que son as correntes de covección o que move os continentes.

 2. Que probas aportou para xustificar a súa teoría? 

 Wegener propuso esta toría utilizando 4 probas que el encontrou:

Proba xeográfica:

Wegener observou as coincidencias entre as liñas de costa dos continentes. Suxeriu que estes formaran unha vez un único continente, que denominou Panxea. Este continente fragmentouse e deu lugar aos continentes actuais.
Proba xeolóxicas:

Existen exemplos de fósiles de organismos idénticos que actualmente distan miles de quilómetros, cousa que non puido ser posíbel cando estes organismos vivían, polo que queda así probado que os continentes tiveron que estar xuntos algunha vez.

Probas paleoclimáticas

 Se se unen os continentes, obsérvase que os tipos de rochas, a súa cronoloxía e as principais cadeas montañosas terían continuidade física. Pódese polo tanto dicir que moitas cordilleiras orixináronse en Panxea e logo separáronse.

Probas climáticas: 

 Wegener descubriu que o clima actual dalgunhas zonas da Terra non coincide co clima que tiveron no pasado. Os continentes atopábanse nunha latitude máis ao sur que a actual. 

 3. Como morreu Wegener?

 Wegener faleceu nunha expedición a Groenlandia.

Desembarcaron na costa leste de Groenlandia en abril de 1930 e cando, tras unha longa viaxe de varias semanas, chegaron ao campo base, descubriron que os suministros non chegaran a tempo. Daquela case todos os groenlandeses contratados xa desertaran e só quedaban cinco membros da expedición, un deles gravemente ferido. 

Chegaba o inverno. Sen combustible nin alimentos, a principios de novembro escolléronse dúas persoas para regresar á costa en busca de víveres. Así, ao día seguinte do seu cincuenta aniversario, o meteorólogo, xeofísico e antigo soldado alemán Alfred Wegener partiu no medio da tormenta de neve co esquimal Rasmus Villumsem. Nunca volveron. 

Un ano despois, o corpo de Wegener foi atopado na neve envolto nun saco de durmir e unha pel de reno. Conxelado, aínda que é posible que morrese antes por unha insuficiencia cardíaca. A súa viúva non quixo recoller o cadáver e pediu que o deixasen descansar no xeo.



 

Comentarios