ACTIVIDADE 15: Nos confíns do sistema solar.

 1. Que é a forza da gravidade?, a que famoso científico debemos a lei que a explica?

É unha das interaccións fundamentais da natureza, que fai que os corpos dotados de masa se atraian con maior intensidade na medida en que sexan máis voluminosos ou estean máis próximos entre si. O principio que rexe esta interacción coñécese como "gravitación" ou "interacción gravitacional", e responde en física ao descrito pola Lei da Gravitación Universal.

É a mesma atracción que exerce a Terra sobre os corpos e obxectos próximos a ela, incluídos nós, e que fai que as cousas caian. Tamén determina os movementos das estrelas espaciais (planetas que orbitan ao redor do Sol ou lúas e satélites artificiais que orbitan á súa vez ao redor destes planetas.

A diferenza das outras interaccións fundamentais do Universo (que son forzas nucleares fortes e débiles, e electromagnetismo), a forza da gravidade predomina inexplicablemente a grandes distancias, mentres que as outras ocorren a distancias moito máis curtas.

 O físico Albert Einstein no século XX, baseándose en Newton e os seus propios achados, postulou a súa Teoría da Relatividade Xeral, na que reformula algúns aspectos da gravitación newtoniana.

Inaugurouse así unha nova perspectiva sobre a gravidade, denominada “relativista”. Segundo ela, a gravidade non é unha medida universal de forza, senón variable, e afecta non só ao espazo senón tamén ao tempo.

 

 2. Que é a nube de Oort?, a que distancia se atopa do Sol?

 A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort, é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol.  A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932. Divídese en dúas rexións: unha Nube interior de Oort en forma de disco coñecida como Nube de Hills, e unha Nube de Oort exterior esférica. Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar. En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.

 Crese que a nube de Oort se extiende desde 2000 ua (unha unidad astronomica é a distacia que hai entre o Sol e a Terra e equivale aproximadamente a 149 597 870 Km) ou 5000 ua​ ata 50 000 ua​ do Sol, aunque algunhas fontes sitúan seu límite entre 100 000 ua e 200 000 ua. 

 3. Algúns dos "visitantes" que proceden das zonas máis remotas do Sistema Solar, son os cometas. Indica unha breve información sobre algún deles.

 Un cometa é un corpo celeste formado por xeo, po e rochas que xira arredor do Sol seguindo diferentes camiños elípticos. Os cometas forman parte do Sistema Solar, xunto co Sol, os catro planetas interiores, os catro planetas exteriores, os seus respectivos satélites, os plutoides e os corpos menores do sistema solar.  


O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmund Halley por ter determinado a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de ónde ven a tradición de consideralo como o cometa do nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.

 

4. Que é Oumuamua? Pon a súa imaxe.

 Oumuamua, previamente coñecido como A/2017 U1, é un obxecto aparentemente interestelar que pasou a través do Sistema Solar. Foi descuberto nunha órbita altamente hiperbólica por Robert Weryk o 19 de outubro de 2017 mediante observacións feitas polo telescopio Pan-STARRS cando o obxecto estaba a 0,2 UA (uns 30 millóns de km) da Terra. Inicialmente pensouse que era un cometa, pero foi máis tarde reclasificado como un asteroide. 

 asteroide-oumuamua

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios