ACTIVIDADE 14: Saturno.
Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis.
O planeta está formado por un 94% de hidróxeno e un 3% de helio xunto con outros gases residuais. O volume do planeta é o dunhas 740 veces o da Terra, mais a súa masa é 95 veces a terrestre, debido á baixa densidade media relativa mencionada.
Comentarios
Publicar un comentario