ACTIVIDADE 6 Ciencia vs pseudociencia.
1. Procura na rede algún exemplo de pseudociencia. Describe en que consiste.
As pseudociencias son aquelas prácticas ou teorías que se presentan como ciencia pero que non responden a un método de investigación válido ou non poden ser probadas polo método científico.
Aínda
que a ciencia non pode ser falsificable (non se pode refutar), as
pseudociencias utilizan datos científicos para defender postulados que
non teñen verificación experimental. Normalmente son validados pola sociedade, aínda que moitas veces carecen de fundamentos e lóxica.
Exemplo de pseudoidea:
ACUPUNTURA.
A acupuntura é o uso de agullas finas para estimular certas áreas e equilibrar o fluxo de qi. Non hai ningunha base anatómica ou histolóxica coñecida para a existencia de puntos de acupuntura ou meridianos.
2. O exemplo cumpre cos apartados do método científico? Razoa a resposta.
Non,
xa que saltase pasos, como é a experimentación e outros directamente
collen datos de outras ciencias que si están probados e os utilizan para
que a súa teoría teña un mínimo de sentido, pero non están comprobados
cientificamente para que poda pensarse de que dicha "ciencia" funciona e
dea datos reais.
3. Indica outros dous exemplos de pseudociencias.
CRIPTOZOOLOXÍA.
A criptozooloxía tamén destaca entre as pseudociencias relacionadas coa Terra. Baséase
na busca de Bigfoot, o monstro do Lago Ness,
o Chupacabra e outras criaturas das que os biólogos están máis que
convencidos de que non existen.
FLAT EARTH SOCIETY.
A Flat Earth Society afirma que a Terra é plana e ten forma de disco. Existen diferentes versións da ‘Flat Earth Society’, pero podemos atopar a súa orixe a partir de mediados do século XX. A
primeira organización deste tipo foi creada en 1956 polo inglés Samuel
Shenton que seguiu a doutrina do escritor Samuel Rowbotham, que propuxo
que a Terra é un disco plano centrado no polo norte e rodeado por unha
parede xigante de xeo, basicamente a Antártida.
Comentarios
Publicar un comentario